O Fogar Residencial San Amaro

O noso centro residencial para persoas maiores sitúase no municipio de San Amaro, no núcleo de poboación de SAN AMARO, no corazón da bisbarra do Ribeiro - Provincia de Ourense. San Amaro é un municipio cunha poboación de máis de 1600 habitantes, próximo a Rivadavia e ao Carballiño.

O Municipio de San Amaro, de apenas 29 km2, está situado no cuadrante noroccidental da provincia de Ourense e encadrado nun altiplano limitado polos ríos Avia (oeste), Barbantiño (este) e Miño (sur) sendo parte do que se denomina "Terra de Maside" vinculada social e economicamente á bisbarra de "O Carballiño".

O noso centro conta cunhas instalacións modernas e punteiras que están dirixidas a un grupo de poboación que non tiña cubertas as súas necesidades mínimas de coidados asistenciais, (que na bisbarra representa unha porcentaxe importante) e, en concreto no núcleo de San Amaro cubrir as carencias que ao respecto existían ata o momento da súa inauguración.

a Residencia
A nosa residencia
o Entorno
Que temos o noso arredor
Actividades
Activiades do centro
Fogar Residencial San Amaro
Calle Principal 56
tel 988 14 09 00 - mobil 621 40 80 02
San Amaro (32453)
Ourense España
geriatricosanamaro@hotmail.com